Construido en 1920, o edificio denominado “Garaxe Hispano-Americano” foi diseñado polo arquitecto Daniel Vázquez-Gulías Martínez para exposición e venda automovilística nunha céntrica rúa de gran tránsito de persoas na cidade de Ourense, cun estilo modernista académico, de equilibrada composición e simetría, en clara sintonía coa arquitectura de finais do século XIX e ppios do XX.
De planta baixa e feito en ladrillo e revestido de formigón, non seguíu as pautas dos deseños orixinais e durante a fase constructiva sufríu varias modificaciones.
Ata 1935 continuou sendo expositor e venta de vehículos de importación, e o edificio tamén era coñecido como “Edificio Chevrolet“. De 1936 a 1939 foi usado como edificio de intendencia militar e hospitalaria.
A partires de 1940, abríronse bazares e tendas variadas nas súas dependencias., e posteriormente, xa na etapa especulativa, foi finalemente derrubado para construír un edificio de vivendas.
Fontes: ( AMOu; Libro “Arquitecto Daniel Vázquez-Gulías”)
