Ubicado entre as parroquias de San Xoán de Fontes Rosas e Santa María de Loxo, no concello de Touro, localízase este castellum romano cun complexo sistema defensivo, sobre un paso estratéxico fluvial e nas proximidades dun castro con gran control visual sobre o territorio, nun recinto fortificado adaptado á dorsal
No punto máis alto da elevación documéntase a existencia dun pequeno recinto ovoide dunhas 0,15 ha de extensión. Anexo a este recinto, esténdese cara ao norte un novo espazo ovalado que delimita unha pequena chaira. Este segundo espazo tería unhas 0,7 hectáreas de extensión, sendo o seu eixo maior (N-S), duns 142 m e o menor (E-O) de 60 m.
Os traballos arqueolóxicos no Castrillón indican que a abrupta natureza da dorsal na que se asenta o Castrillón e o seu aproveitamento maioritariamente forestal afectou seriamente ao xacemento e dificultou o seu recoñecemento sobre o terreo. Escaváronse tres sondaxes en diferentes puntos do seu perímtero defensivo.
Fontes: (www.romanarmy.eu)
