O sitio de Santa Baia, en A Laracha, A Coruña, presenta unha potente muralla que podería datar entre mediados do século XI e inicios do III a.C.
As intervencións arqueolóxicas no xacemento demostraron que o campamento militar romano foi construído con moita rapidez, excavándose un foso e lavantádose un parapeto de terra detrás do mesmo. Logo do seu abandono, desmantelouse con igual velocidade.
Os campamentos militares temporais (castra aestiva) durante a invasión militar romana en Galicia, tiñan dobre necesidade: gornecerse en territorio hostil e manter a disciplina interna. Unha vez montado o campamento, os soldados acampaban coas súas tendas de coiro en ringleiras orientadas cara as liñas de defensa e as vías que garantían o tránsito interior, motivo polo que estas fortificacións adoitan ter formas regulares.
Fontes: (www.romanarmy.eu)
