En 1948, Luis Blanco Merino, propietario dun solar situado no nº 10 da rúa Jose Antonio, hoxe rúa de Paseo, nunha zona céntrica da cidade de Ourense, propón a construción dun edificio adicado a Sala de Festas, Cinematógrafo e Oficinas, presentando planos firmados polo arquitecto municipal, Manuel Conde Fidalgo, e deseñados polo arquitecto de obra, Mariano Rodriguez Sanz, e os aparelladores foron, Rafael Sás e Rafael Jorreto. O deseño orixinal do edificio sufriu cambios significativos, diferindo do se construíu finalmente, ao engardirlle máis altura, unha pronunciada cúpula de características especiais, e outros cambios menores.
En 1960 inagúrase a coñecida como “Sala Auria” propiedade dos “Irmáns Blanco” tras unha gran reforma interior, na que as paredes foron revestidas con piñeiro vermello sueco, pintura rugosa pra favorecer a acústica, carpintería de castaño, freixo e acacia, mosaicos vítreos revestindo as escaleiras e murais dos pintores Xaime Quessada e Tomás Bóveda, cunha decoración estilo anos 50, estivo considerada unha das mellores salas de festa do estado, onde se concentraron gran parte das actividades culturais da época.
En 1972 remataron as actividades na Sala Auria, e despóis duns anos foi derrubado para construir un edificio de vivendas.
Fontes: (AMOu; Xornal La Región Sección 4 Tiempos)
