O Edificio Simeón García é un dos inmobles máis emblemáticos da cidade de Ourense, diseñado polo arquitecto Antoni Serra i Pujals entre 1894 e 1897 por encargo de Gil Torres Fernández en representación de Juana Blanco Navarrete, esposa de Simeón García Olalla de la Riva.
O proxecto orixinal sufriu modificacións e o edificio non foi construído exactamente como se proxectou inicialmente. Este tería o aspecto dunha fortaleza imponente e dunha altura considerable, case rozando un estilo militar medieval por mor das catro torres, con baixo e tres alturas, con cadansúa torre nos extremos das fachadas; así durante a súa construcción no ano 1896, houbo unha modificación do proxecto inicial na que se elimina unha pranta e, en substitución das torres, introdúcense uns miradoiros nas esquinas da derradeira planta e modifícase o remate das fachadas. O plano das modificación foi enviado desde Barcelona polo mesmo arquitecto Antoni Serra i Pujals.
Este edificio foi unha construcción representativa do seu tempo, un reflexo da intención de renovación arquitectónica e de progreso que imperaba daquela, con claras influencias da Europa do século XIX, nun intre no que se conxugaba a pedra coa aparición de novos materiais, como o ferro e o vidro.
Na construcción conxugouse a fina cantería en pedra do país de Severino López, coa elegante ebanistaría procedente do taller de Manuel Amor Fernandez e a esplendida fundición en ferro da Fundición Malingre.
Fontes: ( AMOu: Libro “Onte e Hoxe. Centro Cultural da Deputación de Ourense”; Artigo “Los orígenes del Banco Simeón: Evolución de los negocios de Simeón García de Olalla y de la Riva (1857-1983)”, Maria Jesús Facal Rodríguez; Biblioteca Pública Marcos Valcárcel)
