No ano 1910, o arquitecto municipal de Ourense, Antonio López Crespo, deseña un kiosko de estilo neomudéxar de pranta octogonal e unha gran cúpula árabe fusiforme pensado para a praza da Alameda do concello de Ourense, construido en ladrillo refractario supostamente reutilizando os materiais da porta neomudéxar levantada anos antes como arquitectura efímera para os festexos en homenaxe ao centenario do Pai Feijóo.
Previamente o arquitecto realizou este proxecto para un kiosco tamén de estilo neomudéxar pero moito máis sinxelo, coa base de pedra do país, estrutura de madeira, planta cadrada, cuberta a catro augas rematado cun pináculo, e ventás e porta rematadas con arcos de estilo califal.
Descoñécense as razóns polas que este fermoso kiosco xamáis chegaría a construise.
Fontes: (AMOu, Arquivo Muncipal de Ourense)
