A referencia máis antiga ás touradas na cidade de Ourense é de 1852, no Boletín Eclesiástico do Obispado e Provincia de Ourense, facendo mención á celebración da corrida de “touros enmaronados”. Dende finais do século XIX e durante gran parte do XX falouse reiteradamente da necesidade de construir unha praza de touros permanente en Orense.
A praza instalada en Mariñamansa a principios del siglo XX, obra do arquitecto Daniel Vázquez-Gulías, foi a que durou máis tempo, case 10 anos, máis foron varios os emprazamentos onde se instalaron máis plazas de madeira: no barrio de Reza; nos Remedios; en As Lagoas, na Finca Sevilla, e no Couto.
A Praza de Touros do Couto é do ano 1935 e estaba situada na avenida de Francia, de carácter provisional e desmontable, a carón da Ponte de Ervedelo, no km.1, hect.1, na marxe esquerda da antiga estrada Ourense-San Clodio, nos terrenos propiedade de don Francisco Villanueva, e que foi promovida por Vicente Nieto Moprata.
O deseño pra praza correu a cargo do arquitecto Antonio Alonso Vargas, en madera de pino tea en taboleiro de estructura e entablamento corrente de revestimento e cercados; tiña un radio interior de 22,5 metros e un radio exterior de 35 metros aproximadamente e as pezas estaban articuladas con tornillos de tuerca…., datos relatados na memoria descriptiva publicada na prensa con motivo das Festas do Corpus do ano 1935
Fonte: ( AMOu; Biblioteca Dixital)
