Edificio Prada, 1896

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
  • Arquitectura civil
Edificio urbano
  • Ecléctico galego
XIX
Manuel Felipe Quintana Ochaita
1897 - 1967
Rúa do Paseo
Ourense (Ourense)
Carlos Paz de Lorenzo (2014)
CIAG

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia)

En 1896, Miguel Prada presenta solicitude para a reedificación dun edificio na rúa de San Miguel, na antiga praza de Isabel a Católica, facendo esquina coa rúa do Instituto, actual rúa do Paseo, adxuntando os planos correspondentes firmados polo arquitecto municipal de Vigo, Manel Felipe Quintana Ochaita.

No edificio instaláronse diversos negocios durante a súa existencia:  os “Almacenes Barros”; na planta de arriba, estaba  “La casa de la novia”, propiedade tamén da mesma empresa matriz, “Almacenes Simeón”,  os “Almacenes Los Chicos”, a “Casa de Los Lentes”, un comercio de calzados, un negocio chamado “El Modelo”, e nos seus pisos superiores estaba “La Pensión Mercantíl” e a “Clínica Dental Irene Álvarez Veras”

A ubicación estratéxica deste fermoso edificio, nunha das rúas máis céntricas e concurridas da cidade de Ourense, fixo que fose unha vítima máis da especulación urbanística, e en 1967 foi derrubado para construir un edificio de negocios e vivendas.

Fontes: (AMOu, Museo Etnográfico de Ribadavia)

Ir o contido