En 1924, Constantino Añel, constructor e persoa influinte na cidade, encarga ao arquitecto ourensán Daniel Vázquez-Gulías Martínez a reforma e ampliación dunha casa situada na esquina na Avenida de Bós Aires coa Avenida da Habana que fóra deseñada anterioridade polo mesmo arquitecto. Este edificio previo de gran pulcritude e sinxeleza xa conten o xermolo da súa posible ampliación.
A reforma e ampliación consistiría básicamente en aumentar a altura nun piso e engadir un ático en buardillón cara á avenida de Bós Aires, prescindindo de ornamentos e aportando pola sinxeleza compositiva.
Así a fachada principal dispoñía de 2 corpos estreitos laterais enmarcados con pilastras que aloxan un único oco alargado de portas balconeiras e balaustrada no oco da rexería; o corpo central maior que os laterais dispón dun gran oco na pranta baixa con arco rebaixado e dos ocos xemelgos verticais cun balcón voado que percorre todo o centreo da baranda en reixería. Remátase o edificio cun antepecho sinxello que se leva máis nos laterais que na parte central.
O edificio foi derrubado a finais da década de 1960 do século pasado para construir un edificio de vivendas.
Fontes: (AMOu, Libro “El Arquitecto Daniel Vázquez-Gulías”; Plan Especial de Puesta en Valor y Conservación de la Obra del arquitecto Daniel Vázquez-Gulías, Inventario e Catalogacíon, Luis Pérez de Juan)
