Cine Yago, Ourense, 1949

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
  • Arquitectura civil ocio
Cine
  • Racionalismo clasicista
S. XX
Antonio Alés Reilein, Manuel Code Fidalgo
1949 - 1962
Rúa Ramón y Cajal, Rúa do Mercado, Barrio de "A Ponte"
Ourense (Ourense)
Carlos Paz de Lorenzo (2014)
CIAG

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia –

O Cine Yago, que estivo aberto durante 15 anos, de 1949 a 1964, foi construído nunha estreita rúa no antigo concello de Canedo, no actual barrio de “A Ponte” de Ourense

Houbo 2 proxectos previos, un firmado polo arquitecto Antonio Alés Reilein en 1945, e outro polo arquitecto municipal Manuel Conde Fidalgo no ano 1946, e que foi o que finalmente chegou a executarse.

A distribución do edificio foi adaptada á forma e inclinación do solar preexistente. Tiña planta baixa, soportal elevado de entrada por unha rúa inferior paralela, un antevestíbulo e sala de descanso separados por columnas, portelo de entradas, cafetería e tres accesos á sala principal de butacas, con 484 prazas de aforo. Na planta primeira había un amplo vestíbulo, un despacho e oficinas de dirección, servizos hixiénicos, cabina de proxección e un gran anfiteatro con 320 prazas de aforo. Na planta do soto estaban os servizos de calefacción, instalacións eléctricas, ventilación, refrixeración e almacén.
De estilo ecléctico mesturando racionalismo e clasicismo, tiña concesións decorativas na fachada como nichos con floreiros e un miradoiro corrido entre columnas que remataba a fachada. O clasicismo expresábase máis claramente no deseño interior do edificio. O uso de óculos na planta intermedia incorporaba reminiscencias neobarrocas ao conxunto, resultando nunha composición única.
Materiais empregados: albanelería formigonada en cimentación, formigón armado na estrutura xeral, zapatas, vigas e forxados dos pisos, muros de carga de pedra ou ladrillo, tabiques interiores de división de ladrillo, escaleiras de bovedilla á catalá, cuberta de formigón armado e uso xeral de materiais incombustíbeis. Carpintería de madeira pintada e decoración da fachada exterior a base de pintura ao óleo, témpera e molduras.
Fontes: (AMOu; APHOu; Libro “Cines de Galicia”, Jose Luis Cabo; Libro “La vida en A Ponte hasta 1960”, J.M. Sobrino; Galiciana BBS)
Ir o contido