Porta da Horta do Concello, 1657

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
  • Arquitectura civil
Porta
S. XVII
Domingo García
1657 - 1837
Avenida de Pontevedra
Ourense (Ourense)
Carlos Paz de Lorenzo (2019)
Paco Boluda (Divulgador, Ilustrador Arqueolóxico)
Julio Vázquez Castro (Profesor de Historia da Arte da USC e experto medievalista)

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia)

A “Porta da Horta do Concello” ou “Portal do Campo” era unha das 13 portas da cidade e estaba situada aproximadamente ao inicio da actual Avenida de Pontevedra, e daba acceso ao interior da cidade.

De 1455 hai referencia a unha primeira porta feita en madeira, que chegou moi deteriorada ata principios do século XVII, polo que en 1657 ordeouse a construción doutra, en cantería de pedra , para a mesma ubicación. O arquitecto foi Domingo García, o escultor canteiro foi Roque de Neira, e os traballos pictóricos foron obra de Manuel Feijóo. A construcción durou un total de 6 meses.

Esta porta, e a Porta da Aira, foron construídas na mesma época. Ambas deberon chamar a atención pola súa perfección arquitectónica e a labra da súa cantería, así, o poeta Bravo de Velasco adicoulle un soneto descriptivo alabando a súa beleza en 1657.

A partir de 1837 procedeuse a eliminación física das derradeiras portas da cidade que ainda se tiñan en pé, básicamente aludindo a razóns de índole sanitaria.

Non existen representacións gráficas ou planos detallados desta porta, máis no “Diccionario Geográfico de España: Orense y Pontevedra”, obra de Tomás López (1730-1802), aparece un debuxo moi esquemático das portas e edificios singulares de Ourense, bastante recoñecibles, e que serviu de base pra realizar unha proposta de restitución visual en 3D baseándonos nas proporcións, nos elementos constructivos que se distinguen, na información descriptiva histórica dispoñible, na arquitectura comparada, e nas recomendacións históricas de expertos medievalistas.

Fontes : (Diccionario geográfico de España : Orense y Pontevedra”- Tomás López – B.N.E; Olga Gallego Domínguez 2001- Ramón Otero Pedrayo 1952; J. Hervella Vázquez, “La Puerta de la Huerta del Concejo”)

Ir o contido