A partir do século XVI numerosas familias da nobreza construirán as súas residencias na capital do Reino de Galicia, seguindo dous modelos: a casa-torre señorial, ou a casa-patio, co obxetivo de proclamar a grandeza social e económica da súa linaxe.
O Pazo urbán dos Condes de Priegue, situado no nº 19 da Rúa das Casas Reais, foi un valiosísimo exemplo do barroco compostelán, seguramente encargado ao arquitecto Clemente Fernández Sarela. Ao logo da súa existencia sufríu varias reformas que lle deron a súa configuración final. Descoñécese a distribución interior, máis dedúcese que na pranta baixa hebería un vestíbulo, unha escaleira de acceso á pranta superior, zonas de almacenaxe e dependencias para animaies, mentres que a pranta nobre adicaríase a estancias de recepción e dormitorios dos señores da casa.
O Pazo foi usado polo 5º Conde de Priegue, José Ozores, ou ben polo 6º Conde, Juan Antonio Ozores de Silva Sequeiros, que obtivo título en 1754 e ostentou o cargo de regixor perpetuo da ciudade de Santiago de Compostela.
O escudo de armas da fachada, situado en posición descentrada, pertence ao título da Casa, creado por Felipe IV, con simboloxía heráldica dos Sequeiros, dos Sotomayor, dos Silva e dos Ozores, e coroando o pazo, unha peana cimeira cunha torre cun guerreiro con armadura de corpo enteiro e tocando unha trompa.
A restitución 3D deste edficio foi posible grazas a algúns resquicios gráficos: unha vella fotografía de principios do século XX, un cadro pintado en 1907 por Rosa Pintos Míguez e diversos planos parciais de reforma gardados nos arquivos históricos da cidade, e por suposto, á inestimable asesoría e intepretación dos mesmos polo historiador e investigador especializado.
Fontes: (AHUSc, AMSc, Libro “Arquitecturas Desvanecidas, Memoria Gráfica del Patrimonio Desaparecido en Galicia”, Adaba Editores. 2019)
