Pavillón Lino & Órgano Gavioli, Reforma de 1914

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
  • Arquitectura civil ocio
Pavillón
  • Art Nouveau
  • Modernista
S. XX
Antonio López Hernández
1914 - 1919
Xardíns Méndez Núñez
A Coruña (A Coruña)
Carlos Paz de Lorenzo (2021)
Jesús Ángel Sánchez García (Catedrático Historia da Arte, Docente e Investigador da USC)

Facultade de Historia da USC

O Pavillón Lino chegou ao seu momento de máximo explendor en 1914 como resultado do embellecemento atribuído ao arquitecto Antonio López Hernández, e sería o terceiro tras o primeiro de 1905 e un segundo máis grande que data de 1906.

O promotor foi Lino Pérez Lastres, que complementou o seu kiosko na rúa Real, con este pavillón de espectáculos e cinematógrafo. Durante 13 anos foi un éxito e sinónimo do espectáculo en A Coruña, con actividades diarias para tódalas idades; música, danza, zarzuelas, cabarets, etc, procedentes de todo o territorio do estado.

Tras o falecemento de Lino en 1918, únese á sociedade o gran empresario galego de espectáculos, Isaac Fraga Penedo, con negocios similares por toda Galcia.

Desafortunadamente o día 3 de novembro de 1919, mentres se proxectaba o filme “Mefisto”, e tras a actuación do ventrílocuo “Balder”, en torno ás 22:30, o cinematógrafo prendeu lume.  Non houbo vítimas, máis toda a estrutura consumíuse en pocas horas ao estar construida íntegramente en madiera con revocos decorativos de escaiola.

Tras a súa desaparición,  Isaac Fraga  tomou a decisión de reconstruir o pabellón, encargando  proyecto ao arquitecto coruñés Eduardo Rodríguez-Losada, máis a obra xamáis comenzou, xa que o empresario decidiu invertir noutros espectáculos, particularmente no aluguer do teatro Rosalía de Castro.

Fontes: ( Libro “Arquitecturas Desvanecidas. Memoria gráfica del Patrimonio Desaparecido en Galicia”. Abada Editorial. 2019 / Art-Nouveu A Coruña Web)

Ir o contido