Edificio Santiago, 1916

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
  • Arquitectura civil
Edificio urbano
  • Modernismo ecléctico galego
S. XX
Daniel Vázquez-Gulías Martínez
1916
Avenida de Bós Aires
Ourense (Ourense)
Carlos Paz de Lorenzo (2014)
CIAG

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia)

O 24 de marzo de 1916, Antonio Santiago Rodríguez, presenta instancia no concello de Ourense solicitando o derrubamento da súa vivenda e a licenza pertinente para comezar a construcción dunha nova edificación nese mesmo solar, dun edificio de planta baixa e tres alturas. A fachada en total medía un total de 109,50 metros cadrados.

O deseño do edificio foi encargado ao arquitecto municipal Daniel Vázquez-Gulías Martínez, quen fiel ao seu estilo, e seguindo a liña construtiva do “edificio Antonio Álvarez”, tamén obra do arquitecto e situado no número 19 da mesma rúa, implementa unha luminosa galería central de madeira que lle aporta luminosidade, elegancia e lixeireza a unha fachada levantada en pedra do país, e onde os ocos curvados das portas e as ventás así como o enreixado con filigranas, danlle unha tremenda forza a este edificio cumprindo con sinxeleza as normas do modernismo da época.

Con seguridade, a intención de Vázquez-Gulías a medio prazo era armonizar e dignificar este tramo da avenida de Bos Aires, tanto en alturas como en estética arquitectónica, embelecendo todo o entorno enmarcado polo pequeno xardín da Praza das Mercedes, hoxe en día encaixonado e afogado polos elevados edificios antiestéticos e feístas de nova construcción.

Seguramente a causa dun mal estado de conservación e despois de 40 anos de existencia,  a galería orixinal de madeira foi sustituída por unha galería de ferro pintada de cor branco, estéticamente moi distinta á deseñada por Vázquez-Gulías e bastante máis tosca.

Coincidindo cronolóxicamente co cambio da galería, tamén se levou a cabo a destrucción das tres portas de entrada ao edificio, abrindo un gran oco rectangular para a instalación dun negocio comercial empotrando unha fachada de ferro pintada de cor azulado.  Con estas desastrosas intervencións, o edificio foi completamente desvirtuado e degradado, perdendo sen remedio beleza, a armonía e o lixeiro toque modernista improntado polo arquitecto ourensán Vázquez-Gulías para esta rúa da cidade de Ourense.

O Edificio Santiago, obra do gran arquitecto ourensán Daniel Vázquez-Gulías, foi primeiramente desvirtuado e mutilado con pésimas reformas e posteriormente derrubado sen miramentos.

Fontes: (AMOu; Libro “O arquitecto Daniel Vázquez-Gulías)

 

Ir o contido