Casa Igneson, S. XIX

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
  • Arquitectura civil
Pazo urbano
S. XIX
Descoñecido
Descoñecida - 1881
Rúa do Paseo
Ourense (Ourense)
Carlos Paz de Lorenzo (2015)
CIAG

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia)

A  denominación de «Casa Igneson» fai referencia ao derradeiro pusuidor da vivenda, Juan Ígneson, un influinte letrado do seculo XIX; e a configuración da fachada coñécese grazas a un boceto e datos descriptivos recollidos polo cronista ourensán «Ático Noguerol» entre cidadáns que coñeceron o edificio. Era unha das casa de mais avoengo da cidade, importante polo seu aspecto exterior con fortes paredes e escudos como pola súa estrutura interna a modo de pazo urbano, e consta a existencia dunha capela no interior. Descoñécese o arquitecto ou mestre de obras que o deseñou, así coma a data de construción. Estaba situado na entrada da actual rúa Paseo de Ourense, e foi derrubado para permitir a apertura desa rúa e á expansión natural da cidade.

En 1872, tras o grave derrubamento sufrido pola Casa Consistorial de Ourense, este edificio foi alugado de xeito temporal polo concello para ser a sede da institución, máis empregouse únicamente para oficinas, xa que a documentacion antiga e outros debéronse gardar no cárcere da coroa. Ainda que a finca traseira, con parras de viño, servíu de espazo de descanso para os administrativos.

Existia un proxecto anterior redactado polo enxeñeiro «Enrique Trompeta», no que se abria unha nova rúa a continuacion da Rúa do Instituto (actual Rúa Lamas Carvajal), e que contemplaba o derrubamento desta casa para abrir paso á actual rua do paseo.

O 9 de setembro de 1876, Don Juan Igneson e o Concello da cidade chegaron a un acordo de adquisición da casa que pasaría a propiedade municipal. En 1881, tras varios anos de desacordos, prodúcese a venda definitiva do inmoble e o posterior derrubamento do mesmo para levar a cabo a apertura da rúa prevista con anterioridade.

Fontes : (AMOu, AHPOu, “A Casa do Concello de Ourense”, Avelino rodriguez Gonzalez, Xornal La Región)

Ir o contido