Na ladeira pronunciada que forma na antiga estrada de Trives, actual Avenida de Buenos Aires, o arquitecto ourensán Daniel Vázquez-Gulías Martínez debuxa uns pabellóns destinada a cuarteis da Guardia Civil.
Forman un grupo de 3 edificios almenados adaptados á forte pendente e que respostan a un esquema único con banqueo no eixeo de xeometría; cada pavillón ten semisótano, pranta baixa, entrechan, pranta principal e segunda; de esquema sinxelo en dúas cruxías alongadas con dependencias totalmente exteriores máis abertas nos alzados do sur na fachada non lineal con corpos entrantes e saíntes, mentres as fachadas norte son totalmente rectas ao longo do edificio.
A topografía confíreíalle unha visión diferente das prantas ao convertirse en terrazas parte delas pola pendente, asomando os torreóns ladera arriba dándolle un aspecto de conxunto.
O edificio chegou aos anos 80 en estado ruinoso, procéndose a súa demolición para a construción de edificios de vivendas, nunha zona de expansión da cidade.
Fonte: (AMOu, “Plan Especial de Posta en Valor e Conservación, Inventario e Catalogación da obra do arquitecto Daniel Vázquez-Gulías”, Luis Pérez de Juan Romero)
