No ano 1904 o mestre de obras Tomás Fábrega firma o proxecto para a edificación dunha fábrica industrial para a implantación dun forno panificador no solar que hoxe é zona centro da cidade de Ourense, na Praza de San Lázaro e situado a carón do edificio do Goberno Civil.
Ademáis, Tomás Fábrega foi o impulsor deste proxecto en colaboración con outros inversores ourensáns, o que sería unha “Cooperativa Civico Militar” que replicaba un modelo de empresarial que noutras cidades estaba a funcionar con bastante éxito. Firma tamén o proxecto Ildefonso Meruéndano ,en representación da cooperativa.
No proxecto orixinal pódese observar que estaba previsto a contrucción de dous pavillóns ou almacénes anexos a estrutura principal, pechando o perímetro desa fachada cunha reixa en forxa de ferro. Estos dous edificios simétricos que aparecen no proxecto xamáis chegaron a construirse; podería ser por unha motivación meramente económica ou tal vez pors limitación do espazo dispoñible no solar.
O edificio desta industria é bastante simple. Trátase dunha nave rectangular de 11,0 m de ancho e 21,8 m de lonxitude. A fachada principal mide 7,4 m de altura total, ten tres portas de entrada, unha principal de maior anchura e aos seus laterais. Por encima da porta principal hai un pequeno óculo de forma elíptica e a fachada remátase cun pequeno frontón graduado que cobre o altillo da nave. Cada lateral tiña catro xanelas. A cuberta está resolta con tellado a tres augas na zona inferior das cerchas e a dúas augas no superior. A altura á cumbreira tiña de 6,8 m. Entre as dúas cubertas hai un cerramento con xanelas para dar luz ao interior do edificio. O elemento máis característico desta edificación é a cheminea de saída de fumes dos dous fornos de cocción do pan. É de ladrillo sen revestir e alcanza unha altura desde o nivel do chan, de 10,6 m, sobresaindo da cumbreira.
O plano de planta mostra a distribución dos diferentes espazos dentro do edificio. Entrando pola porta principal os dúas primeiras portas dan ao despacho do encargado e a un espazo para a inspección, ambas as con porta de saída directa ao exterior. Algo máis ao fondo está o despacho de pan, e os almacéns de leña, carbón e fariña. Ao fondo sitúase o lugar da elaboración do pan coas súas zonas de máquinas, caldeira, amasado, depósito de pan e dous fornos circulares de case dous metros de diámetro.
Os zócalos son de mampostería de granito, fachada enfoscada e pintada nun ton branco, as esquinas, sardineles e outros adornos fixéronse con ladrillo vermello do mesmo ton que o da cheminea, a cuberta é de teza árabe, a carpintaría de portas e xanelas é metálica pintada en verde, colocouse un óculo elíptico que, aínda que non estaba no plano da fachada, se se vía na foto.
A Panificadora Cívico-Militar foi demolida entre o ano 1959 e 1960, e no seu solar construíuse a actual Torre de San Martiño
Fontes: (AMOu, Xornal La Region)
