Gran Hotel Roma, 1914

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
  • Arquitectura civil
Hotel
  • Modernismo ecléctico galego
  • Modernista estilo parisino
S. XX
Daniel Vázquez-Gulías Martínez
1914 - 1970
Rúa Progreso
Ourense (Ourense)
Diego Blanco Urbano (2012)
Carlos Paz de Lorenzo (2012)
CIAG

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia)

NOMA ESTUDIO

Este edificio comezou sendo orixinalmente unha fonda, a Fonda da Cuanda, dunha sóa pranta e con conexión directa coa estación de ferrocarril do concello de Canedo cruzando a Ponte Maior que cruza o río Miño, era a máis importante da cidade a principios de século XX e propiedade de José Cuanda Cruz, quen tras endebedarse perde a propiedade que pasa ás mans de Emilio García que rebautiza o negocio como Hotel de Roma, e con posterioridade, xa en 1914, encárgalle a reforma integral ao arquitecto ourensán, Daniel Vázquez-Gulías Martínez.

Tras a finalización da reforma e inauguración, o negocio hoteleiro pasou a chamarse Gran Hotel Roma, nome co que perviviría pervive ata a súa desaparición. Nesta reforma engadírose tres plantas e unha cúpula central, un elemento claramente diferenciador que lo faría visible dende case toda a cidade, ademáis dunha fermosa escaleira imperial no hall principal que centralizaba a distribución de accesos cara as distintas dependencias do hotel.

En 1927, abre a súa cafetería, situada lo lateral dereito da pranta baixa da fachada, converteuse nun lugar neurálxico e emblemático na sociedade ourensá daquela época. A partires dos anos 30 foi a época dourada do hotel ata que pechou as súas portas ao público na década de 1960. Xa na década de 1970 foi finalmente derrubado para construir un edificio de vivendas, e na súa pranta baixa instáronse as actuais Galerías Roma.

Fontes: (AMOu, AHPOu, Xornal La Region, Libro “El arquitecto Daniel Vázquez-Gulias”)

Ir o contido