Garaxe Americano Vázquez, 1931

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
  • Arquitectura civil
Edificio urbano
  • Modernismo ecléctico galego
S. XX
Daniel Vázquez-Gulías Martínez
1931 - 1965
Rúa Manuel Pereira, Rúa Celso Emilio Ferreiro
Ourense (Ourense)
Carlos Paz de Lorenzo (2016)
CIAG

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia)

En 1931, o arquitecto Daniel Vázquez-Gulías Martínez deseña un proxecto primixenio para este edificio situado nun lugar estratéxico de tránsito na cidade de Ourense, coñecido como o “Campo das Bestas”, por encargo de Manuel Vázquez, emigrante retornado de Estados Unidos, para constuir un “Garaxe Americano”, reproducindo a tendencia empresarial en auxe no sector do automóvil nas rúas e estradas norteamericanas dos anos 20 do século pasado.

Durante a súa construción sufre varias modificaciones para engadirlle vivendas nas plantas superiores que implica o redeseño da composición xeral do edificio, resolvendo unha pranta baixa máis diáfana para poder adicar a exposición, talleres de reparación e venda de vehículos a motor.

O uso de molduras labradas, detalles nos balcóns e o remate do chafán da esquina, denota leves alusións ao modernismo secesionista ecléctico tan característico de Vázquez-Gulías.

A mediados da década dos 60, foi derrubado para construir un edificio de vivendas.

Fontes: (AMOu; Xornal La Región; Libro ” El Arquitecto Daniel Vázquez-Gulías”, Editorial Edisa,1998)

Ir o contido