Casa-Hotel Gutiérrez, 1925

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
  • Arquitectura civil
Edificio urbano
  • Ecléctico galego
  • Rexionalista
S. XX
Daniel Vázquez-Gulías Martínez
1925
Antiga Rúa Vicente Pérez, actual Rúa do Paseo
Ourense (Ourense)
Carlos Paz de Lorenzo (2016)
CIAG

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia)

En 1925, César Gutiérrez solicita a licencia para a construción dunha vivenda nun solar sa dúa propiedade, deseñada polo arquitecto ourensán Daniel Vázquez-Gulías Martínez, quen en consonancia cos desexos do propietario, deseña un edificio apoiado sobre un basamento almofadillado, con pilastras que percorren as fachadas, cubertas mesturadas, miradores, ao que unifica en altura mediante un entablamento corrido do que só sobresae o torreón.

O título de Casa-Hotel do proxecto orienta sobre a  funcionalidade do edificio e indica que o seu dono podería ter en mente adicar parte do edificio á hostelería, e dado o gran tamaño, aínda que só fora a vivenda do propietario e da súa familia, pódese considerar máis un “palecete” que un chalet de estilo tradicional galego.

Os materiais constructivos son: granito do país nas fachadas principal, traseira e lateral dereito, madeira de pino para as carpiterías de portas e ventás e na galería pechada da fachada lateral, e tella do país nas cubertas.

O xardín traseiro era alongado, en terreo inclinado e estaba franqueado por dúas liñas de árbores; ademáis tiña unha fonte central no interior dun alcorque axardinado, unha ampla zona de céspede e, ao fondo, un palco con dous niveis con balaustradas perimetrais e escaleiras de acceso.

Interiormente o edificio contaba con abundantes vidrieiras por toda a vivenda firmadas pola empresa de Zaragoza ‘La Veneciana’, datadas en 1927. Ademáis consta a existencia dunha gran columna central que sostiña o edificio.

O 9 de xullo de 1927, o propietario presenta unha nova instancia ante o concello de Ourense, na que informa da súa intención de alugar o baixo do edificio, solicitando a concesión da licencia municipal de habitabilidade, e os traballos de construcción no edificio remataron a mediados do ano 1928.

Xose Luís Acuña, afirma : “aterra pensar que dende o poder se consentíu e se consinte a destrucción do noso patrimonio sin que as voces máis sensibles da nosa sociedade sexan escoitadas; a piqueta e a excavadora fixeron máis dano que algún bombardeo. A mediocridade, a incultura e a cobiza especulativa son máis estarrecedoras que o zoar das bombas en tempos de guerra”.

Fontes: (AMOu; Xornal La Region; Libro biográfico editado por Caixa Galicia:  “El arquitecto Daniel Vázquez-Gulías”.)

 

Ir o contido