Este espléndido edificio modernista, foi un encargo de superiora do “Convento das Irmáns Adoratrices” ou tamén denominado “Residencia das Relixiosas Adoratrices”., María Virtudes de San Luis, estaba situado na antiga carretera de Villacastín a Vigo (actual Rúa do Progreso). Esta reforma que consistíu nunha capela, pensada principalmente para uso da comunidade de relixiosas. A fachada lateral que da á Rúa Progreso é unha fachada lateral sen acceso directo ao interior. Aproveita nesta reforma parte da construcción anterior, polo que se definen claramente dous niveis nos extremos de ambolos lados desta fachada. No segundo nivel do lado dereito se sitúa interiormente unha tribuna para a capela. O corpo central da fachada correspóndese coa nave da Igrexa e si por efectos compositivos os tres ocos centrais se cortan horizontalmente, o seu deseño, proporción e verticalidade indican no exterior o que se corresponde con unha única altura interior.
A pesares de ser unha fachada lateral dunha capela, nun compromiso co trazado urbano da rúa, o arquitecto Daniel Vázquez-Gulías Martínez deseña un edificio asimétrico e con unha ambigüedade entre o relixioso, o pacego e o civil, que lle da unha “discreta” apariencia exterior que resgardaba a intimidade da comunidade de monxas ao carecer de acceso directo dende a rúa. É un edificio ecléctico, con uns leves toques modernistas na rexerías, os balaustres dos balcóns e o parapeto do remate. Existe un plano primitivo de 1909 e logo un proxecto de reforma de 1912, ambos Vázquez Gulías, ademáis dun novo proxecto de reforma nos anos 40, do arquitecto Manuel Conde Fidalgo.
Houbo unha reforma e ampliación en 1940, por resultarlles reducido e deficiente a distribución dos servicios, encargo que, como xa se comentou, levou a cabo o arquitecto Manuel Conde Fidaldo.
Chegada esta época especuladora, o edificio foi desmantelado e sustituido por un edificio de vivendas.
