Arco do Triunfo Neomudéxar, 1887

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
Arco
  • Neomudéxar
S. XIX-XX
Antonio Torres y Tirado
1887 - 1900
Praza Xardíns Padre Feijóo
Ourense (Ourense)
Carlos Paz de Lorenzo (2012-2020)
CIAG

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advancec Infographic Center of Galicia)

En 1887 celebráronse en Ourense varios actos festivos polo bicentenario do Padre Benito Jerónimo Feijoó y Montenegro, coa inauguración dunha estatua en bronce, bailes de gala, certames literarios, musicais e científicos, presididos por Emilia Pardo Bazán, incluída exhibición deste arco triunfal ou “Arco Luminoso”, momento no que se levaría a cabo o primeiro acendido público dunha luminaria eléctrica na cidade.

Deseñado polo catedrático de historia do Instituto de Ourense, Antonio Torres y Tirado, situose no comezo da “Travesía del Alba”, actual intersección entre a rúa do Paseo e a rúa San Miguel, financiado polas aportacións dos comerciantes da cidade, medía 11,30 m. de alto por 8m de ancho e 2m de fondo, tiña 2 torres simétricas coroadas por unha estrutura cilíndrica sobre a que se colocaba unha cuberta piramidal que lle outorgaba maior plasticidade ao conxunto e unha porta central;  a súa arquitectura respondía ás directrices do estilo neomudéxar, enmarcado dentro das correntes orientalistas históricas de finais do século XIX que inclúen elementos decorativos comúns como celosías, arcos de ferradura, ameas e ladrillo refractario,
vinculado a contruccións de carácter lúdico, social ou festivo como prazas de touros, estacións de tren, saunas, quioscos ou estacións eléctricas..

O proceso da restitución 3D deste proxecto prolongouse ao longo 8 anos, xa que inicialmente a virtualización basouse nun “grabado” publicado nunha revista da época, e corrixido ca aparición da fotografía antiga que aportou nova información visual do arco de triunfo, reformouse o modelo tridimensional.

Fontes :(MUSARq; Revista “La ilustración Española y Americana Nº.51”)

Ir o contido