Edificio Palace Hotel, 1915

restitucion-3D
  • Arquitectura conservada
  • Ben conservado
  • Arquitectura civil
Hotel
  • Ecléctico galego
S. XX
Palace hotel
Daniel Vázquez-Gulías Martínez
1925 - N.A.
Avda. de Pontevedra, 51
Ourense (Ourense)

No ano 1925, o arquitecto Daniel Vázquez-Gulías Martínez recibe o derradeiro encargo de importancia na cidade de Ourense para un edificio con fines comerciais, un gran hotel de luxo, o «Palace Hotel».

O seu emprazamento, ainda que bastante encaixoado por outras edificacións cercanas e coa típica estreitez das rúas das cidades galegas de principios de século XX froito da nula planificación medieval, resulta moi estratéxico: un gran solar alargado, acusadamente rectangular e con tres fachadas con vistas á Praza Maior e a Alameda do Concello, resultado da demolición da casa nº 3 da rúa Lamas Carvajal e das casas nº 2 , 4 e 8 da rúa Pereira.

Trátase dunha fachada horizontal flanqueada por dous corpos circulares, os cales foron moi seccionados no proxecto definitivo, coroados en torre. Estos dous corpos circulares son o máis característico e definitorio do inmoble, e se resolven na pranta baixa en sendos pórticos de columnas seudodóricas de mármol negro. A laboura artesanal de cantería de mármol son obra de Severino López e Xosé López, xunto con Eugenio Lorenzo Vidal, que se encarga da carpintería de madeira.

O proxecto que finalmente se presentou no concello de Ourense coa solicitude de licenza de obra maior, varía lixeiramente do primeiro boceto de Hotel Palace, sobre todo en canto a decoración das balconadas. A estrutura principal e os dous corpos laterais mantense idéntica ainda que con lixeiros cambios.

Posteriormente, en 1936, o edificio sufríu unha reforma e ampliación dirixida polo arquitecto Manuel Conde Fidalgo para a sé da empresa «Almacenes Olmedo» no baixo e na entrepranta e para vivendas o resto do inmoble.

A traxectoria iniciada por Gulías para o Gran Hotel-Balneario da Toxa, alá pola lonxana década dos 80 do século XIX, péchase con este proxecto. As ansias dunha arquitectura peculiarmente galega como outra opción dentro da gran variedade de formas, ceden a partires de eiqui ante meras readaptacións de linguaxes máis o menos tradicionais, cun particular estilo ecléctico monumental.

Este edificio é sen dúbida unha das xoias da arquitectura ourensá, e ainda que ao longo da súa existencia o seu interior sufríu varias reformas e intervencións e en xeral, o seu estado de conservación actual é excelente.

Ao longo da súa existencia o edificio estivo ocupado por actividades empresariais, que lle deu nome como «Edificio Alfredo Romero», en referencia ao almacén textil que durante moitos anos estivo aberto ao público.

Restitución 3D (Carlos Paz – CIAG) – Fontes: (AMOu- Museo Etn. Ribadavia – Libro Arquitecto Daniel Vázquez-Gulías) – Rexistrado @SafeCreative 2022

Ir o contido