Casa Consistorial de Canedo, 1920

restitucion-3D
  • Arquitectura non construída
  • Arquitectura civil
Casa consistorial
S. XX
Daniel Vázquez-Gulías Martínez
1920
Barrio da Ponte
Antigo Concello de Canedo (Ourense)
Carlos Paz de Lorenzo (2020)
CIAG

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia)

En 1920, o arquitecto Daniel Vázquez-Gulías Martínez proxecta esta Casa Consistorial para o extinguido Concello de Canedo, actual «Barrio de A Ponte» de Ourense, especialmente deseñada para rúas cunha marcada inclinación cara o río Miño.

De configuración sobria e relativamente modesta, tiña unha fachada representada cun torreón central coroado cun campanario. Un sólido pórtico de 3 arcos na pranta baixa que contribúe a darlle sentido ao propósito público do edificio. A distribución interior é sinxela e ordenada.

Descoñécese a ubicación exacta para a que estaba pensado este proxecto, máis os alzados do edificio especifican claramente a inclinación «descendente» da fachada principal e a inclinación «ascendente» das fachadas laterais, e tendo en conta que para un edificio de tal entidade sería desexable unha ubicación estratéxica e con bó acceso, un lugar ideal podería ser o solar onde hoxe se ubica a actual «Praza de Abastos», no tramo inferior da Avenida das Caldas, onde coinciden perfectamente os graos de inclinación e a topografía urbana, e que comunicaba directamente a estación de Ferrocarril de Canedo coa Ponte Romana de Ourense, en direción cara ao conlindante Concello de Ourense.

Fontes: (AMOu; Libro “El Arquitecto Daniel Vázquez-Gulías”); Escudo Canedo (Chiqui Gutierrez, Grupo Canedo Facebook)

Ir o contido