En 1906 chegaba a cidade de Ourense a Congregación das Adoratrices, oficializando a súa residencia oficial nunha casa de planta baixa situada no último tramo da estrada Villascatín-Vigo, na marxe esquerda da rúa, no kilómetro 555, actualmente rúa Progreso nº, 89, e na que desenvolveron a súa laboura de carácter relixioso humanitario.
Este edificio singular pertencía a unha familia acomodada da cidade, e a súa ubicación era destacada como enclave urbano en auxe a princpios do século XX, debido á puxante necesidade de asentamenteo da nova burguesía ourensana.
Descoñécese a data exacta de construción do edificio primitivo, así como o arquitecto que o deseñou. Estaba formado por 3 corpos, os dous laterais estreitos e adiantados e un corpo central, máis ancho, retranqueado, conformando un xardín interior pechado cunha reixa de ferro e na entrada mesma 2 luminarias, unha a cada lado da porta de entrada, sillares almofadillados na fachada e xarróns decorativos nos vértices superiores dos corpos laterais.
Fontes: ( AMOu, Artigo “Sobre o desaparecido edificio modernista das Adoratrices de Ourense”, Fernando González Suárez; Libro “Arquitecturas Añoradas, Memoria Gráfica del patrimonio destruido en Galicia en el siglo XX”, Editorial Piedras Angulares, 2023)
