Situado na antiga estrada da “Lonia”, consta a súa existencia nos anos 20 do século pasado, hoxe ubicaríase na confluencia entre as rúas Celso Emilio Ferreiro e Cardenal Quevedo na cidade de Ourense.
Orixinalmente foi a vivenda do doutor Manuel Pol Piñeiro e posteriormente, en 1923, instalouse alí un Sanatorio Quirúrgico equipado médicamente y con consultorio de varios médicos especialistas.
O edificio principal, tiña unha superficie útil total de 410,40 m2., sótano, planta baixa, primeiro piso e sobrado, e a estrutura era de muros de carga de pedra e ladrillo, forxados a base de entramado de vigas de madeira, así como tabiques, teito e o soporte do tellado con tellas do pais. O edificio anexo, tiña unha superficie de 180,32 m2., con planta baixa e sótano, cos mesmos materiais que o edifico principal. Tiña unha finca anexa pola parte porterior de considerable tamaño e lixeiramente axardinada, chea de árbores frutais e zona de horta.
A principio dos anos 70, o chalet xa estaba en estado semiruinoso e a demolición tivo lugar entre finais de 1977 e principios de 1978. O derradeiro propietario coñecido foi Federico José. Álvarez Rodriguez, e no solar que ocupaba construíuse un edificio de vivendas.
Fontes : (AMOU – Xornal La Region – Sección “Historia en 4 Tiempos – Xornal La Zarpa 1940)
