No ano 1887, Francisco Villanueva solicita ao concello de Ourense a oportuna licencia para construir un circo-kiosco, na chamada “Travesía da rúa Alba”, terreo de propiedade municipal, situada entre a rúa San Miguel e a rúa Alba, unha rúa nova daquelas, céntrica e moi transitada, ideal para tales menesteres.
O plano presenta a distribución interior das gradas e palcos para espectadores, portería, despacho de billetes, palco da orquesta e restaurante, e un alzado frontal da entrada principal ao circo.
O deseño do proxecto está firmada polo mestre de obra Juan Darriva Tojo e os materiais de construcción, tendo en conta a época, serían básicamente madeira para a parte estructural, tea para a carpa principal, e ferro para enganches, tornilleria e remaches.
O único dato relevante do mestre de obra Juan Darriba, é que foi contratado en 1873 para informar acerca das causas técnicas do derrubamento que sufríu o edificio do concello de Ourense nesa mesma data.
Villanueva solicita literalmente : “establecer para as próximas festas do P. M. Feijoo un elegante “kiosco” no que se ofrezan espectáculos e distraccións públicas, contribuíndo esta obra non só ao embelecemento daquela parte da cidade, senon ademáis para dar maior realce ás próximas festas que en honor do Padre Feijoo vanse celebrar, solicitando do concello facilite todos os medios que poidan atraer beneficios públicos”.
Este circo foi coetáneo, co gaio das festas en homenaxe ao Padre Feijoo, do Arco de Trunfo NeoMudéxar obra do catedrático de istoria Antonio López e Tirado, que se construíu moi preto dos xardíns do padre feijoo; teñen ambas en común que son as únicas construccións dese evento das que se conserva algun tipo de documentación gráfica.
O Circo Villanueva tivo continuidade no tempo nos anos posteriores a 1887, máis non consta exactamente ata que ano estivo operativo.
Fonte: (Arquivo Muncicipal de Ourense)
