En 1882 arquitecto ourensán Antonio López Crespo deseña este edificio a instancias de Águeda González Rivera, para un o número 25 da rúa Alba, actual Cardeal Quiroga, na cidade de Ourense, con gran profusión decorativa labourada en granito do país (concentrado maiormente no primeiro piso) e dun nivel técnico de realización que requeriría o servizo dos mellores mestres canteiros da provincia.
O plano orixinal amosa unha diferenza clara comparando co edificio que finalmente se construíu, básicamente polas dúas cariátides que Antonio Crespo situou a cada lado da fachada a modo de pilastras, amosando un clasicimo implícito ao utilizar estos elementos de gran beleza, que non foron fabricados nin colocados no seu lugar, seguramente por motivos económicos.
Esta proposta virtual reconstructiva de cómo sería esta arquitectura soñada polo arquitecto Antonio López Crespo para o edificio Rivera, incluindo as dúas cariátides plasmadas orixinalmente no plano:
A fachada ten 115,80 m2, o edificio tiña unha planta baixa e un primeiro piso, a decoración concéntrabase no piso primeiro e sobre todo arredor dos vanos, reforzando os extremos da pranta baixa con pilastras almofadilladas; a cornixa é o elemento no que se se establecen amplamente motivos de guirnaldas, e resto da profusa decoración tallada maxistralmente en pedra do país, amosa patróns híbridos diversos entre a tradición local e universal.
O estilo arquitectónico máis axeitado para definir este proxecto de Antonio Crespo sería o eclecticismo, con elementos clasicistas nas catro columnas dos ocos centrais do piso primeiro, xunto con motivos de guirnaldas colgantes na cornixa superior, así como a profusa e recargada decoración de gran laboura artesanal de cantería en figuras xeométricas orgánicas e naturais, concentradas sobre as portas do balcón central do piso primeiro.
A fachada do edificio Rivera foi desmontada a finais da década dos 60 do século pasado e foi traspasado polo seu derradeiro dono a Pio Cabanillas Gallas, para ser levada Pontevedra, concretamente a Casa-Torre de Pompeán, en Santa María de Paradela, no cencello de Meis, situada no km.15 da estrada de Vilagarcía a Pontevedra, concretamente xunto á desviación do camiño veciñal que une esta vía coa localidade de Ribaduvia.
Fontes: (AMOu; AHPOu)
