Descoñécese a data construcción deste edificio, así coma da reforma posterior das galerías de madeira no terceiro andar, así coma o arquitecto. O propietario, Celso Ferro Vázquez, falecido en 1919, ofertaba toda clase de tecidos e confeccións. O establecemento publicitábase a toda páxina na prensa local.
No mes de abril de 1922, Dolores Martínez de Santiago, viuva de Celso Ferro, solicita permiso de reforma da fachada comercial para a instalación de mármores e un rótulo orientado cara a Rúa das Tendas e a Praza do Recreo (actual Praza de Sta Eufemia), así como a reforma dos escaparates, reforma firmada polo arquitecto Antonio Vega.
Entre 1947 a 1972 desenvolveuse un longo proceso expropiación e pago de indenmizacións a propietarios e comercios.
En 1958, Pons Sorolla y Arnau, o arquitecto conservador da cidade Monumental de Stgo de Compostela, redacta e firma o Ante-Proxecto de reforma posterior da Praza san Martíiño.
Nos anos 70, a extension comercial dos Almacenes Celso Ferro era de 250 m2, incluíndo a planta sótano, baixa e primeira para o uso do establecemento mercantil, e as últimas plantas destinadas a uso de vivenda. O sótano, planta baixa e primeira planta estaban arrendados á empresa Alonso y Orban S.L.
Finalmente os herdeiros de Celso Ferro, venden o edificio ao concello de Ourense nos anos 70, e no ano 1975, procédese ao derrubamento efectivo do edifico.
Fontes: (AMOu, Xornal La Región de Ourense)
