En 1877 Pablo Fábrega contrúe un establecemento balneario con hospedería e fonda, situado entre as actuais Torres del Pino e a beira dereita do río Miño, no antigo Concello de Canedo, parroquia de Santiago de Caldas, aproveitando as augas minero-medicinais que conteñen sulfuros semellantes ás que brotaban nos Pirineos, indicadas especialmente para enfermedades reumáticas, da pel, e do aparato urinario e dixestivo.
Cara 1881, o edificio contaba con 15 pilas, sá de duchas e pulverizacións, habitacións en aluguer con mobles, fonda e xardíns de gran extensión, moito arbolado e orientado cara ao leste.
En 1895 tramitouse o expediente para a declaración de utilidade pública por Real Decreto de 12 de decembro do mesmo ano, quedando suxeito o establecemento ao regulamento vixente sobre baños.
En 1972 o balneario cesa a actividade comercial e en 1976 un incendio deixou en ruinas o edificio.
Hoxe en día os manantiais de augas sulfuradas continúan brotando e sendo visitadas no lugar denominado “O Tinteiro“.
Fontes: (AMOu; Xornal La Region; libro: “La vida en A Ponte hasta 1960” de J. Manuel Fernández Sobrino, 2010)
