Fachada Artística Bobillo, 1927

restitucion-3D
  • Arquitectura conservada
  • Arquitectura civil
Fachada comercial
  • Art Nouveau
  • Modernista
S. XX
Manuel Conde Fidalgo
1927
Rúa do Paseo
Ourense (Ourense)
Carlos Paz de Lorenzo (2014)
CIAG

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia)

O día 2 de xullo de 1927, Álvaro Bobillo y Bobillo, presenta instancia no rexistro do concello de Ourense manifestando non sendo posible construir unha edificación destinada a vivenda, tendo en conta que a casa do número 18 da rúa San Miguel, onde residía habitualmente, pertencía na súa maior parte aos seus irmáns e que estos, por dereitos de luces, non lle autorizaban para levar á práctica o mencionado proxecto.

Así, en vista das razóns expostas, o propietario do solar solicita construir unha “Fachada-Azotea” para dar servizo á casa que habitaba no número 18 da rúa San Miguel, e con fachada a rúa Paz Nóvoa, actual rúa do Paseo, modificando e elevando a que existía nese momento, a fin de poder adicar o baixo, a un establecemento de actividades industriais ou mercantís.

Deste xeito, o concello de Ourense autoriza a obra esixindo que a fachada cara a rúa Paz Nóvoa tivera polo menos 3,70 metros de altura, que as portas abriran cara dita rúa, na que se colocaran reixas de ferro plegables, a impermeabilización do interior do baixo, as instalacións sanitarias correspondentes, unha ventilación axeitada e que tivera como mínimo dúas superficies vidriadas para unha correta iluminación interior. A Fachada-Azotea de carácter “artístico” tería un total de 118,30 m2.

O proxecto  está firmado polo arquitecto ourensán Manuel Conde Fidalgo, denota unha forte e clara influenza do modernismo tardío con matices relevantes de Art Nouveau.
O edificio proxectado ten unha estrutura simétrica, cunha soa pranta, dividida en cinco corpos separados por seis columnas de profusa decoración e rematadas en decoración en ferro, e na parte superior da fachada hai un peche con balaustradas alternas.
En canto aos materiais empregados, utilizaría pedra labrada do país  para toda a fachada, forxa de ferro para as reixas dos ventanais e a decoración superior, madeira de piñeiro para carpintería de portas e ventás, e seguindo sempre a armonía constructiva dos edificios colindantes de primeiros de século. O forxado superior e inferior serían de cemento portland e a azotea estaría sostida por oito columnas, seguramente de ferro fundido da Metalurxia Malingre ou semellante.
Fontes: (AMOu; Biblioteca da Deputación de Ourense)
Ir o contido