Casa de Baños “La Moderna”, 1921

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
  • Arquitectura civil
Casa de baños
  • Ecléctico galego
S. XX
Daniel Vázquez-Gulías Martínez
1921 - 2003
Praza de Abastos, Beiras do Río Barbaña
Ourense (Ourense)
Carlos Paz de Lorenzo (2017)
CIAG

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia)

En 1921, a instancias do empresario Rosendo Varela, o arquitecto Daniel Vázquez-Gulías Martínez realiza o deseño dun edificio especializado na arquitectura balnearia para construirse no solar que ocupaba a preexistente antiga casa de baños termais de “Santa Lucía” que funcionaba dende antes de 1869, situada ás beiras do río Barbaña, entre a “Canella do Rastro” e a “Ponte Pelamios”.

O proxecto do novo edificio deseñado por Gulías presentaba claras diferencias respecto co edificio finalmente construído, variacións causadas seguramente pola adaptación ao terreo cun elevado grao de inclinación topográfica cara ao río.

En 1925 o edificio sufríu unha primeira reforma, sumándoselle una altura máis, cunha fachada cargada de simetrías de portas e ventás, así com unha potente tipografía publicitaria en toda ela.

No mes de xulio de 1945 houbo unha gran riada que elevou o caudal do río Barbaña, o que provocou o derrubamento da Ponte Pelamios, e causando daños considerables no edificio da Casa de Baños.

Ao longo do século XX tivo novas ampliacións en altura e reformas interiores, chegando ata o ano 2003, xa no século XXI, prestando o seus servizos de baños termais ata o derradeiro intre.

Fontes : (AMOu – Museo Etnográfico Ribadavia – Xornal La Region – Galiciana BBS)

Ir o contido