Descoñécese a data exacta de construción, así coma o arquitecto que deseñou este chalé-vivenda, situado na antiga rúa Vicente Pérez, actual rúa do Paseo.
No ano 1916, o seu propietario, Arturo Alonso del Seijo Mosquera y Losada, inaugura un “hotel restaurante”, casa e pensión para hóspedes fixos e viaxeiros.
O chalé estaba situado nun amplio solar axardinado, o que fixo que o negocio tivera eco na cidade, onde se celebraban banquetes, festas, bodas e actos sociales de todo tipo,
No ano 1918, o arquitecto Antonio Alonso Vargas redeseña o edificio, executando unha reforma e ampliación a instancias do propietario, coa construción dun novo corpo que se agrega ao orixinal, pasando a dispoñer de tres plantas, unha torre rematada en ángulo, e una verxa de cerramiento na liña da rúa principal.
A partir de 1924, ainda que a primeira planta mantivo a súa actividade hosteleira, o chalet foi cambiando de usos, converténdose nun centro de negocios locais.., promoción de vehículos a motor, servicios de chófer, oficinas de empresas, consultas médicas, ferretería, presentacións comerciais, almacéns e talleres, e taquillas de venta de entradas entre outras.
A comezos da década de 1960 cesaron tódalas actividades empresariais, e no ano 1975 foi derrubado pra construir un edificio de vivendas hoxe conocido como edicificio “Viacambre”.
Fontes (AMOu – Museo Etnográfico de Ribadavia – Xornal La Region)
