Tridia e Camalos, habitantes galaicos Lanóbriga, S. II a.C.

personaxe-3D
Tridia e Camalos
Lanobriga, S. II a.C.

Cultura Galaica da Idade de Ferro

S. II a.C.
Alexandre González Rivas (2021)
Carlos Paz de Lorenzo (2021)
Anxo Miján Maroño (2021)
Manuel García Ávila (2021)
Paco Boluda (Divulgador, Ilustrador Arqueolóxico e Director do "Proxecto Lanóbriga, unha cidade galaica")

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia)

Restitución integral 3D da Matriarca e o Corono da cidade galaica de Lanóbriga, situada en San Cibrao de Lás, Ourense, na zona Bracarense da antiga Kallaikia ou Gallaecia,  desenvolvida no marco do proxecto “Lanóbriga: unha cidade galaica”, seguindo os parámetros dos achádegos arqueolóxicos atopados nos diferentes xacementos de Galicia e norte de Portugal.

A cadeira do trono foi virtualizada a partir da escultura do “Sendente de Pedrafita, a tipoloxía da caetra galaica e a súa xeometría correspóndese coa “moeda da caetra” e as estatuas dos guerreiros de Lesenho en Boticas ou do castro de Armeá en Allariz, e a restitución 3D das xoias, torques, colares, cinto, puñal, polainas, xeometrías das roupas e demáis complementos, responden igualmente a achádegos arqueolóxicos con elementos distintivos e endémicos da cultura galaica da idade de ferro.

Ir o contido