Malceino, guerreiro galaico de Lanóbriga, S. II a.C.

personaxe-3D
Malceino
Lanobriga, S. II a.C.

Cultura Galaica da Idade de Ferro.

S. II a.C.
Manuel García Ávila (2022)
Carlos Paz de Lorenzo (2021)
Anxo Miján Maroño (2021)
Alexandre González Rivas (2022)
Paco Boluda (Divulgador, Ilustrador Arqueolóxico e Director do Proxecto Lanóbriga, unha cidade galaica)

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia- Advanced Infographic Center of Galicia)

A restitución 3D integral da personaxe de Malceino, un guerreiro galaico da idade de ferro, foi desenvolvida no marco do proxecto Lanóbriga: unha cidade galaica, seguindo os parámetros dos achádegos arqueolóxicos atopados nos diferentes xacementos de Galicia e norte de Portugal.

O casco, ou capacete, é de estilo “montefortino”, representado na estatua de San Fins. As roupas e as xeometrías dos tecidos siguen os patróns esculpidos na estatua de Sao Juliao. As botas, polainas, cinto, puñal e espada de antenas, correspóndense coa estatua do guerreiro de Santa Comba. A barba é similar a estatua dos guerreiros de Lanhoso, e así con cada un dos elementos distintivos e endémicos da cultura galaica.

Ir o contido