Teatro Circo de Lugo, 1896

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
  • Arquitectura civil ocio
Salón teatro
  • Neo-árabe
XIX
Juan Álvarez de Mendoza
1896 - 1934
Lugo (Lugo)
Andrés Armesto Cortiña (2021)
Juan David Díez López (Historiador e membro do Grupo do Investigación GI-1510 da USC)

Facultade de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela (USC)

Entre 1845 e 1892, a cidade de Lugo tivo un primixenio “Teatro Municipal ” do que non se conservan imaxes ou planos, e que foi demolido polo reducido aforo dispoñible para unha cidade en crecemento, dando paso así  ao novo edificio denominado “Teatro-Circo“, deseñado polo arquitecto Juan Álvarez de Mendoza.

Construído en 1896 en estilo Neo-Árabe, baixo a influenza orientalista da arquitectura europea finais do século XIX e ppios do XX, con elementos como arcos de ferradura apuntado nas portas e ventás, ocos apaisados, cuadrangulares ou arcos rebaixados. Contaba a planta rectangular de 22.5m, de ancho por 25 de longo, unido a outro volumen de 5m. de fondo por 16m.  Tiña dependencias de oficinas, despacho de billetes, gardarroupa, camerinos, vestíbulo, almacéns, aseos, escaleiras que conducían aos 20 palcos e galerías independentes, un gran salón circular con 226 asentos e unha grada superior  sobre columnas de ferro, tendo en total un aforo de 800 butacas

Durante os 25 anos seguintes, este edificio do ocio tivo distintos usos en funcións teatrais, concertos, conferencias, bailes e posteriormente como cine. En 1921 procedeuse a súa demolición para construir en 1940, o que sería o “Gran Teatro” de Lugo. (https://ciagalicia.com/proxectos/gran-teatro-de-lugo-1940/)

Fontes: (“Arquitectura Teatral en Lugo”, Julia Carballo Arceo)

Ir o contido