Despois da guerra de Sucesion ao trono español, que se inició en 1701 e se prolongou ata 1714, e co nomeamento e Rodrigo Caballero, surxen proxectos de reforma urbanística da cidade de A Coruña, que entón era a capital gobernativa do Reino de Galicia.
Tras a presentación dun primeiro proxecto fallido en 1721, en 1726 presenta un proxecto máis detallado para reedificar o Real Arsenal de Pertrechos de Artillería, realizado polo enxeñeiro militar Francisco Montaigu de la Perille, cun edificio ordeado ao redor dun patio porticado de 3 arcos campaneis e 3 plantas, con espacio de almacéns, como estancias residenciais e administrativas, e de aloxamento de altos cargos militares.
Era una arquitectura monumental, retórica e de linguaxe clara e austera, con guiños á arquitectura francesa moderna, que lembra aos “chateaux” e aos palecetes galos máis coñecidos.
Este edificio finalmente non foi construído por vicisitudes históricas, pero todo apunta a que a falta dun orzamento axeitado foi a causa principal.
Fonte: ( Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses “Directo al corazón de la “ciudad vieja” de A Coruña”, discurso lido por D. Alfredo Vigo Trasancos)
