Edificio Soto, 1916

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
  • Arquitectura na memoria
  • Arquitectura civil
  • Conxunto arquitectónico
Edificio urbano
  • Art Decó
  • Modernismo ecléctico galego
S. XX
Daniel Vázquez-Gulías Martínez
1916
Rúa Emilia Pardo Bazán, Rúa Bedoya
Ourense (Ourense)
Carlos Paz de Lorenzo (2014)
CIAG

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia)

O 3 de xullo de 1916, Felix Soto presenta unha instancia no concello de Ourense solicitando licenza municipal para construir unha vivenda na rúa do Caneiro.
O edfificio tiña dúas fachadas relevates: a principal cara á rúa da Canle (actual Bedoya) e a outra, abalconada, cara á estrada de Santa Mariña (actual Pardo Bazán), sumaban o total de 157,50 m2.
A fachada más artística era a que daba cara a rúa da Canle, marcando unha forte simetría, dividido en tres corpos, sendo o central máis ancho rematado nun óvalo tumbado baixo unha cornixa en curva con reministencias de art decó, moi típico nas obra de Vázquez-Gulías, e asimesmo engade decoración floral rodeando o óvalo, así como en ambas partes superiores dos corpos laterais, e por riba da cornixa, pecha a fachada con 5 vasixas decorativas.
Non se coñecen boas fotografías de época que nos amosen como era o edificio, tendo en conta que esta zona era o extrarradio e o ensanche da cidade, na que había moi poucos edificios construídos e unha gran cantidade de fincas adicadas a cultivos agrícolas.
Así, este edificio foi derrubado a finales dos 60 ou principios dos 70 para construír un edificio de vivendas.
Fontes: (AMOu; Libro “Los tres conventos de San Francisco”, Doroteo Calonge, 1940)
Ir o contido