Fortaleza medieval das Torres do Oeste, coñecido como “Castellum Honesti”, as súas estruturas principais datan do século XII, construídas por orde do arzobispo Diego Xelmírez e coa finalidade de protexer o paso cara a Compostela das incursións normandas (vikingas) e sarracenas, máis a orixe do emprazamento era un castro galaico da Idade de Ferro na desembocadura do río Ulla e confluencia coa Ría de Arousa, que posteriormente foi reutilizado polos romanos (Turrem Augusti), e as torres foron reforzadas na Alta Idade Media, xa no século IX.
No ano 1024, o rei Afonso V “o Nobre” doa a Vistruario, bispo de Iria, as torres, e cara ao ano 1040, o bispo Cresconio ordenou importantes traballos de reformas.
Facía parte dun sistema defensivo máis amplo organizado polos rexentes e os bispos de Compostela, A estrutura medieval consistía nun recinto doble; o interior era un castelo poligonal con catro torres almeadas, torres flanqueantes e patio con torre central. Edificios adosados ás murallas alberfaban fornos, cociñas, almacéns, cortellos, etc. As torres son de planta cadrada e construídas con “perpiaño mediano” e grandes perpiaños nos esquinais e nas xambas.
No século XII defínese a estrutura definitiva do castelo e queda composta a fortaleza por sete torres que amurallaban un recinto arrodeado de pantanos. Posúe unha capela románica do século XII (1112) construída por Xelmírez e dedicada ó apóstolo Santiago, e adosada a unha das torres. A partir do século XV a fortaleza comeza a súa decadencia e, finalmente, no ano 1525 gran parte das construcións foron destruídas.
O recinto exterior servía de refuxio e parada militar. No século XVIII, as murallas e as torres, ainda existentes tamén serviron pra defender a rexión doutros ataques por mar, coma os sufridos durante a invasión inglesa en 1719.
Actualmente conservánse as bases das dúas torres do século IX e ruínas das outras dúas do século XII, alén de vestixios de construcións galaicas da idade de ferro e da posterior época da romanización
Declarada Monumento Histórico Artistico dende 1931 e hoxe BIC (Ben de Interese Cultural), foi obxecto de restauración na década de 1970.
