Escultura de San Francisco de Asís obra de Francisco Asorey González en 1926, en madeira policromada e latón, de 186 cm de alto x 106 cm de ancho x 47 cm de profundidade, onde o santo de Asís aparece diante dunha árbore sobre a que se asenta o irmán lobo coa cabeza apoiada no brazo dereito do santo, equilibrando así a composición coas follas da árbore.
A pesar de que os matices das súas obras foron evolucionando co paso do tempo, a grandes rasgos, o estilo de Asorey sempre foi recoñecido polo uso de fórmulas realistas, con claras influencias do barroco castelán e a escultura popular gallega
A virtualización fotogramétrica foi realizada por Manuel García Ávila durante a exhibición no Museo Provincial de Lugo, en depósito do Museo Reina Sofía de Madrid, e formaba parta da exposición “Francisco Arorey: una recuperación necesaria”, que se celebrou o 28 de outubro de 2025 ata o 5 de abril de 2026 no Museo Gaiás da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
SketchFab ligazón: https://sketchfab.com/3d-models/san-francisco-de-asis-ad835a9359be49d89800f861ea9efa3b
Dereitos e propiedade intelectual protexidos por <SafeCreative>. Prohíbese a reprodución total ou parcial, impresión, alteración e procesamento con IAs xenerativas, salvo autorización expresa do autor/es, en previsión das posibles responsabilidades legais.
