Ermida da Nosa Sra. do Posío, 1631

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
  • Restos arqueolóxicos
  • Arquitectura relixiosa
Igrexa
  • Herreriano clasicista orde toscano
XVII
Antonio Martínez D´Araque
1631 - 1844
Rua Progreso, Parque do Posío
Ourense (Ourense)
Carlos Paz de Lorenzo (2017)
CIAG

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia

A primeira referencia documental coñecido é do ano 1357. Ademáis do edificio da ermida primixenia, existía anexa a casa do ermitán, e un cercado perimetral. Durante anos, sobre todo na época de pestes, a súa función principal era a de hospital de enfermos pobres e de servir de cemiterio. A ermida estaba rodeada dun terreo propio con horta, con oliveiras e variadas árbores frondosas.

En 1616, o mestre de cantería Antonio Martínez D´Araque deseña unha nova ermida de estilo herreriano vallisoletano con preferencia pola orde toscana, a sinxeleza de liñas, os elementos clasicistas, e a coroación con bolas e marcadas molduras. A obra foi rematada en 1631 polo canteiro Alonso Rodríguez.

O edificio chegou ao século XIX nun avanzado estado ruinoso. Así consta que no ano 1821 procédese á venda dos retablos, e posteriormente, en 1830, á venda das columnas interiores de pedra. A mediados do século XIX pérdese o rastro físico do edificio coincidindo cas otras de transformación dos solares circundantes en áreas residenciais e a construción da estrada cara a Castela.

Actualmente só se conserva a imaxe pétrea da “Virxe do Carme” e dúas pezas decoradas recuperadas en 1988 durante as obras de reforma da cerca do Xardín do Posío.

Fontes: (AHPOu, MUSarq, Peza do mes 02-2014 Boletín Auriense V-1975-179-205)

Ir o contido