Domingo de Araújo, un emigrante celanovense residente en Potosí, Perú, deixa testamento datado en 1607 destinando recursos económicos para a construción dun Convento da orde dos Dominicos. Coa cesión previa dos terreos, en 1643 comezan as obras dun edificio amplio de grandes dimensións, dúas plantas, fachadas de pedra do país, planta rectangular asimétrica, patio cuadrangular interior axardinado, con portalón e cuadras, rodeado por galerías de madeira con balaustradas sostidas sobre as columnas de pedra da planta baixa, ademáis dunha igrexa anexa de estilo herreriano e un retablo de Castro Canseco, única parte que se conserva hoxe do conxunto arquitectónico.
No Convento houbo unha biblioteca con 700 volúmenes, e ao longo da súa historia ademáis de sede da orde dos dominicos, en 1808 foi usado como cuartel militar de tropas francesas, inglesas e españolas na guerra de independencia, que espoliaron o interior e deixaron o edificio en moi mal estado, que foi reconstruído en 1824 para usos civís, como sede da primeira Deputación de Ourense, edificio de Xulgados, Audiencia Provincial, Escola Normal de Mestras, Hospicio, Goberno Civil, Cruz Roja, Colexio Electoral, sede da Beneficiencia Provincial, e no seu patio interior celebráronse ata espectáculos teatrais e circenses, como o “Circo Olímpico“.
En 1917 procédese a súa demolición, polo estado ruinoso do edificio e o solar permaneceu baleiro ata 1927, cando procédese á construción do actual edificio da Delegación de Facenda.
Fontes : (APHOu; Colección Ático Noguerol – Ferro Couselo; Boletín Comisión de Monumentos; Avelino Rodríguez González; “Claustro do Covento de Sto Domingo”; MUSarq; José Adrio Menéndez “, del Orense antiguo”; Fotografía Pacheco)
