Castelo Rocha Forte, 1240

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
  • Restos arqueolóxicos
  • Arquitectura civil militar
Castelo
  • Medieval galego
XIII-XV
1240 - 1467
Lugar da Rocha Vella, Conxo
Santiago de Compostela (A Coruña)
Anxo Miján Maroño (2022)
Javier Luaces Anca ( Arqueólogo Municipal Concello Santiago de Compostela)

TVG (Televisión de Galicia)

Tamén denominado “Castelo dos Churruchaos”, situado en Conxo, Santiago de Compostela, foi construído polo arcebispoXoán Arias cara ao ano 1240 e, dende entón, serviu como residencia arcebispal e do cabido, sendo testemuña de gran parte da historia medieval de Santiago. No ano 1255 aparece a primeira mención documental da fortaleza en relación coas constitucións capitulares de Xoán Arias.

Tamén se rexistrou a reconstrución realizada por Berenguel de Landoira despois dos estragos causados polos cidadáns de Compostela no  1320, no que foi o primeiro enfrontamento documentado de moitos que tiveron lugar entre o concello e o bispado estando á fronte da sublevación Afonso Suárez de Deza, personaxe da familia dos Deza-Churruchaos e mordomo do fillo de Sancho IV de Castela, o infante Felipe. Estas loitas recolléronse no documento “Hechos de Don Berenguel de Landoira” no que se narra que no día da Purificación os cidadáns de Compostela atacaron e incendiaron o castelo, tendo que volver a ser levantado polo arcebispo.Modificacións substantivas tamén foron as feitas polo sureño arcebispo Lope de Mendoza.

(Fontes:

Ir o contido