A finais do século XIX, en 1889, Cármen Mileo encarga un proxecto ao arquitecto Daniel Vázquez-Gulías Martínez para construir unha Casa de Baños ás beiras do río Barbaña, sobre unha base de rocha, e cuhna fonte termal nacente con auga a 48º, localizada moi preto da fonte termal das Burgas..
Este edificio de tres plantas que servía de vivienda e ocultaba as instalacións de baño orixinais excavadas directamente na rocha. Cunha fachada simétrica de estilo neogótico historicista, exerceu dignamente como Casa de baños de augas termais dende finais do XIX.
Durante todo o século XX este espacio non soló albergou a actividade termal, senón que foi refuxio cultural onde residiron figuras coma o poeta Prado Lameiro.
Vázquez-Gulías incorporou unha mansarda francesa para resolver as cubertas, así coma un óvalo de remate como oco da cuberta, usou elementos da Fundición Malingre, tanto no exterior coma nas escaleiras interiores.
En 1938, Carmen Mileo modernizou o recinto incorporando as hoxe desaparecidas bañeiras de mármore e griferías de bronce.
Xa no século XXI, foi no ano 2012 cando cesou a súa actividade balnearia, sufrindo vandalismo, ocupacións, e o espolio de elementos con “valor patrimonial”, a pesar de ser de propiedade municipal.
No mes de maio de 2026, produciuse un lume que consumiu a estrutura do edificio, provocando o derrube da cuberta, seguindo un patrón similar en varios edificios históricos de Ourense que tiveron o mesmo destino, como o “Edificio Lombardero” na rúa Progreso, o antigo “Balneario de Santiago de Caldas” no barrio de O Pino, ou o “Edificio Antonio Álvarez” na praza das Mercedes, todos eles xa desaparecidos.
