Antiga Casa Consistorial de Pontevedra, Reforma S.XIX

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
  • Arquitectura civil
Casa consistorial
  • Medieval galego
  • Renacentista
S. XVI-XIX
Melchor de Tebes y Britos
S. XVI - 1876
Rúa da Alhóndiga
Pontevedra (Pontevedra)
Carlos Paz de Lorenzo (2025)
Jesús Ángel Sánchez García (Catedrático de Historia da Arte da USC e coordinador do Grupo de Investigación IDEAHS)
CIAG

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia)

A antiga Casa Consistorial medieval primixenia de Pontevedra construíuse aproveitando a parte baixa da denominada «Bastida Grande»,  bastión defensivo e torreón ameado de planta cadrada e tres alturas, que se abría próximo á Porta de Santo Domingo, empregada para este fin dende comezos do século XVI.

O correxidor Melchor de Teves y Britos limitouse a unha reforma en profundidade, reutilizando os 3 arcos oxivais góticos da fachada principal, non sendo posible recuperar a totalidade daquela arquitectura militar polo estado de ruína e degradación que presentaba como consecuencia das loitas feudais do século XV.

O edificio tiña unha fachada de 25 metros de longo e amosaba una mistura de distintos estilos; presentaba 2 arcos góticos abertos e un pechado que se mantiveron da antiga torre medieval, en cambio, na fachada principal, patio interior porticado, e resto do edificio, o estilo predominante é o renacentista tardío.

A pranta baixa, no seu terzo esquerdo, estaba adicado a alhóndiga, e sobre ésta, na primera planta, ubicábase o salón de sesións, un patio interior con columnas, e o demáis estaba formado por oficiñas, secretaría e un arquivo, nun total de 100 metros cuadrados, e a fachada principal estaba orientada cara a praza da Alhóndiga

A principios do século XIX engádeselle a espadaña para a campá, e o blasón ubícase sobre a lápida con inscripcións alusivas a Teucro. Nun principio o escudo estaba coroado pola cruz de Santiago, amosando esa pertenenza ao señorío arzobispal, pero ao abolirse os señoríos, o escudo foi sustituido pola actual cruz da ciudad que ten a súa orixe no cruceiro que se atopaba na metade da Ponte do Burgo (https://ciagalicia.com/proxectos/ponte-medieval-do-burgo/) que cruza o río Lérez.

En 1788 derrúbase a Porta de Santo Domingo e o torreón da Bastida; e entre 1852 e 1855 procédese ao derrubo deste tramo da muralla baixo a supervisión do arquitecto municipal José García Limeses.

A actual Casa Consistorial de Pontevedra (https://ciagalicia.com/proxectos/casa-consistorial-de-pontevedra-1876/), deseñada polo arquitecto Alejandro Sesmero e construída en 1876, está situada no mesmo solar que ocupou dende o século XVI ata o XIX. 

Fontes: (“La Casa de la Villa”, Filgueira Valverde, 1974 – Museo de Pontevedra – “Memoria e identidad visual de Pontevedra, Carla Fernandez Martiñez 2013)

 

Ir o contido