En Pontevedra, históricamente a maioría dos pazos urbanos atopánbase dentro do antiguo recinto amurallado, máis tamén existían algúns no espazo extramuros.
O Pazo dos Gago de Mendoza e Montenegro, foi construído no século XV, era un edificio de planta rectangular cunha torre no centro e cun xardín traseiro. Situado lo lado norte do antigo Campo de San Xosé, na actual praza de san Xosé, praza que tomou o seu nome da antiga Capela barroca de San Xosé, construída en 1712 e demolida en 1940, e que tiña nos seus muros os escudos de armas da familias Gago e Montenegro.
Tiña unha torre central de 3 pisos e 2 torres laterais de 2 pisos con almeas puntiagudas con estrelas de 6 puntas inscritas nun círculo esculpidas en cada almea. O solar que hoxe ocupa a praza foi utilizada séculos atrás como patio de armas do pazo. Alí naceron os 3 irmáns Gago de Mendoza, Manuel, Antonio e Xoan Gago de Mendoza, ilustres mariños galegos.
Consérvase unha fotografía de Francisco Zagala tomada entre 1899 e 1902, que amosa as alteracións que sufríu no século XIX, co engadido dun “costureiro” no segundo piso e permite constatar os seus elementos defensivos, como as almeas que remataban toda a parte superior, así como as gárgolas que imitaban canóns. A virtualización correspóndese a esta última etapa, entre finais do século XIX e principios do XX, coas reformas e detalles construtivos reflexados nas fotografías de época.
O pazo foi derrubado en 1902 para construir o actual edificio de estilo ecléctico e interior modernista que alberga o “Café Moderno”, a instancias do emigrante retornado Bernardo Martínez Bautista, máis a parte da muralla lateral esquerda ainda permanece no seu lugar orixinal, pero desvirtuada polo engadido dunha altura en 1980 e o traslado das almeas orixinais á parte superior.
Fonte: (Libro “Pontevedra, la Memoria Rescatada”, Carla Fernández Martínez, 2015 – Fotografia de Francisco Zagala, Fondo Fotográfico Deputación Pontevedra – Libro “Pontevedra Monumental”, Rafael Fontoira Surís, 2009)
