Sauna-Santuario Galaico Bracarense, S. II a.C.

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
  • Restos arquitectura
  • Restos arqueolóxicos
  • Conxunto arqueolóxico
Sauna-Santuario
  • Galaico
  • Idade de ferro
S. II a.C.
Descoñecido
S. II a.C.
Zona Bracarense Galaica
Concello de San Amaro, Concello de Punxín (Ourense)
Carlos Paz de Lorenzo (2020-26)
Anxo Miján Maroño (2020-26)
Alexandre González Rivas (2020-2026)
Manuel García Ávilla (2020-2026)
CIAG ( Centro Infográfico Avanzado de Galicia)
Paco Boluda (Divulgador, Ilustrador Arqueolóxico, e Director do "Proxecto Lanóbriga, unha cidade galaica")

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia)

Proxecto Lanóbriga, unha cidade galaica

Os galaicos ocuparon durante a idade de ferro o noroeste da península ibérica, entre o río Douro e o mar Cantábrico, e o seu desenvolvemento quedou truncado pola invasión militar do Imperio Romano.

A cultura galaica ten como signo de identidade os miles de asentamentos fortificados denominados “castros” e “citanias”, que desenvolveron unha orixinal arte e arquitectura, entre elas destacan as Saunas-Santuarios, pequenos edificios adicados á restauración física e espiritual.

Eran edificios de estrutura lonxitudinal, duns 15 metros de longo aproximadamente, parcialmente soterrados aproveitando desniveis topográficos, situados extramuros dos asentamentos habitados e preto de regatos e cursos de auga.

Estaban estruturadas por 4 dependencias: a entrada, denominada “Atrio ou Estancia Fría”, cunha pía con auga corrente para o aseo; tras cruzar a “Porta Fermosa” estaría a “Estancia Morna”, con baños laterais para a aclimatación do corpo; a continuación estaría a “Pedra Formosa”, e pasando por un acceso pequeno na base, seguiría a “Estancia Quente”; por último estaría o “Forno”, de forma semicircular e cunha falsa cúpula rematado pola cheminea para saída de fumes.

O uso da policromía nas Saunas-Santuario, asi coma noutras construcións dese período histórico, está avalado polos recentes achádegos arqueolóxicos esclarecedores respecto á decoración da pedra con distintos pigmentos de orixen vexeral e mineral.

Dependendo da súa localización coñécense dúas variantes: as saunas-santuarios lucentes, situados ao norde, e os bracarenses, ubicados nos territorios do sur. En concreto, esta proposta de restitución 3D, dentro do Proxecto “Lanóbriga, unha cidade galaica”, responde á tipoloxía Bracarense, sendo os xacementos máis destacados, Briteiros, Alto das Eiras, Sanfíns e Braga.

Ir o contido