Proxecto de Pórtico do Pazo Episcopal de Ourense, 1910

restitucion-3D
  • Arquitectura incompleta
  • Ben conservado
  • Arquitectura civil
  • Arquitectura relixiosa
Pórtico
  • Ecléctico galego
S. XX
Daniel Vázquez-Gulías Martínez
1910
Rúa Bispo Carrascosa
Ourense (Ourense)
Carlos Paz de Lorenzo (2012)
CIAG

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia)

Cara 1910 o arquitecto ourensán Daniel Vázquez Gulías-Martínez proxecta un peche con arcadas nos terreos que ocupa o Pazo Episcopal, denominado históricamente como “Curral do Bispo”, fronte á rúa Bispo Carrascosa, obra que foi fonte de conflictos legais co Concello de Ourense, razón pola que a obra non puido ser completada na súa configuración orixinal.

O bispo Ilundain tivo quizabes a intención de construir un novo Pazo Episcopal que dalgún xeito simbolizase o poder e autoridade eclesiástica, que con luces e sombras exerceu sobre a cidade de Ourense a ppios do século XX

Este peche que Gulías proxecta monumentalmente, con arcadas alineadas coa fachada do espolón da Praza Maior que enmarcan a entrada principal ao Pazo Episcopal, por un lado satisface á cidade polo retranqueado da alineación da rúa, cedendo terreos, para dar máis amplitude a éste, pero por outro, debido a súa monumentalidade, que require esa amplitude para ser visualizada, a súa arquitectura “pacega”, as súas antigas referencias militares, como reminiscencia do poder que tradicionalmente exerceron os obispos.

Do proxecto só se realizaron as primeras 4 arcadas da esquerda, quedando sen construir a entrada central e os restantes 5 arcadas da parte dereita.

Fontes: (Libro  “El arquitecto Daniel Vázquez-Gulías”, Editorial Edilesa, 1998)

Ir o contido