O Xardín do Posío, é o maior parque urbano da cidade de Ourense, e naceu coma un xardín botánico concebido polos profesores da cátedra de Física, Química e Historia Natural do antigo Instituto de Segundo Ensino (actual Instituto Otero Pedrayo) no ano 1846 como resultado da urbanización dun antigo campo comunal, chegando a xuntar ata 200 especies de árbores e plantas que se trouxeron do Xardín Botánico de Madrid.
En marzo de 1853, a corporación municipal realizou a conversión legal do campo nun lugar para o recreo do colexio; e en febreiro de 1854 o gobernador, Juan García Armero, informou ao concello da concesión dun crédito para dotalo de paseos separados de mirtos e cadros laterais con flores e plantas exóticas.
O proxecto do ano 1854 para a axardinarmento o campo do Posío, deseñado polo arquitecto Felipe Bouza y Tredis, incluía una fachada principal de entrada, fonte e distribución e paseos de axardinamento, pero que xamáis chegaron a executarse.
Pero o axardinamento do Posío é só un dos exemplos da renovación urbanística acometida na segunda metade do século XIX. Deste xeito, o Concello de Ourense emprendería obras similares como o acondicionamento doutros parques públicos (campo de San Lázaro, Alameda …), o embelecemento de rúas e prazas, a apertura de novas vías, a demolición das vellas portas da cidade, o saneamento e a dotación de novos equipamentos como a auga corrente ou a iluminación pública.
Fontes: (Arquivo Histórico Provincial de Ourense)
