O arquitecto rexionalista Manuel Gómez Román realizou varios bosquexos puramente teóricos que amosan a súa fantasía creativa, unha arquitectura de papel chea de referencias historicistas e estéticas que idealizan unha arquitectura peculiarmente galega, e que amosan un profundo amor pola creación arquitectónica, un gran coñecemento da arquitectura histórica, así coma o seu interese polo clasicismo, xunto con referencias barrocas e elementos do Art Nouveau, e unha indiscutible predilección pola tradición galega en conta da universalización e estandarización das vangardas e o Movimento Moderno.
Nembargantes o seu estilo arquitectónico rexionalista non será de mimetismo do modelo histórico, senón de diálogo entre a tradición e a modernidada, en posicións aparentemente contradictorias, pero que responde ao tempo e á época na que lle tocou vivir. O rexionalismo ecléctico de Manuel Gómez Román reproduciuse en tódalas zonas residenciais das cidades galegas. Realmente foi un dos grandes mestres da arquitectura de Galicia.
Fontes: ( Libro “Manuel Gómez Román, Mestre da Arquitectura Galeguista”, Xaime Garrido Rodriguez, Xosé Mª Ramón Iglesias, Edicións Xerais, 1995)
